Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 23 de agosto de 2011 Páx. 25506

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paradela

ANUNCIO de exposición pública.

De conformidade co artigo 9.1 do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de impacto ambiental de proxectos, exponse ao público durante o prazo de 30 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, o proxecto de estudo de impacto ambiental do proxecto de ampliación de cebadeiro de gando vacún de carne e cubrición de esterqueiras promovido por Cebobarán, S.L.

O devandito proxecto poderá ser consultado por todas as persoas que o desexen no Concello de Paradela, para formularen por escrito as alegacións que consideren oportunas.

Paradela, 22 de xullo de 2011.

Eliseo López Rodríguez
Alcalde en funcións