Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, para a contratación dun servizo de xestión de calidade para a Xunta de Galicia (expediente 04/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Número de expediente: 04/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: definir a asistencia técnica e os servizos necesarios para a xestión dun servizo de xestión da calidade para a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, que establece as actuacións que responden aos obxectivos estratéxicos de toda a Xunta. O obxectivo básico do proxecto é analizar as necesidades e situación actual de todas as áreas organizativas da Xunta, co fin de definir e planificar a súa evolución, aliñada coas mellores prácticas e tendencias nos modelos de organización, funcionais e de TIC.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: véxase número 7) do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 254.237,29 euros, máis 45.762,71 euros que corresponden ao IVE, o que supón un total de 300.000 euros, que se distribúen segundo as anualidades:

2012: 111.864,41 € + IVE (20.135,59 €) = 132.000 €.

2013: 106.779,66 € + IVE (19.220,34 €) = 126.000 €.

2014: 35.593,22 € + IVE (6.406,78 €) = 42.000 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

b) Dirección: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17042

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase o número 15) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará ás 14.00 horas do día 6.2.2012.

b) Documentación que se deberá presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no edificio administrativo San Caetano (de luns a venres, das 9.00 ás 19.00 horas, e sábados, das 9.00 ás 14.00 horas).

2. Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberase cumprir o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no número 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 26.10.2011.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 27.12.2011.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2011.

Mar Pereira Álvarez
Secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica