Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 225

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valga

ANUNCIO de información pública sobre convenio urbanístico.

Con data 18 de novembro de 2011 foi negociado e subscrito o texto inicial do convenio urbanístico de xestión entre este concello e Félix Gómez Salgado e Carmen Potel Touceda. De conformidade co disposto no artigo 273.1 da LOUG sométese este a información pública e audiencia dos interesados, mediante anuncio no DOG e nun xornal dos de maior difusión da provincia durante o prazo de vinte días hábiles, para que se formulen as alegacións que se consideren oportunas.

Valga, 18 de novembro de 2011.

José María Bello Maneiro
Alcalde