Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia na imposición da primeira multa coercitiva do expediente LU-RES 2010/068.

Con data do 1.9.2011 o xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas resolveu impoñer a Salvador Pérez Fernández unha primeira multa coercitiva derivada do expediente sancionador LU-RES 2010/068, incoado por incumprimiento da normativa en materia de residuos.

Dado que non se puido realizar a notificación personal da resolución citada ao interesado por estar ausente na repartición do correo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC) notifícaselle ao interesado a resolución de imposición dunha primeira multa coercitiva con data do 1.9.2011.

Comunícaselle ao interesado, en virtude do disposto no artigo 61 da LRXPAC, que o texto íntegro da resolución citada encóntrase á súa disposición nas dependencias da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sita na rolda da Muralla núm. 71-2.º do termo municipal de Lugo, e que pode consultalo mediante comparecencia que deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O prazo para efectuar a consulta do expediente contarase a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia.

Transcurrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ante el xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, significándolle que o recurso só será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición da presente multa coercitiva.

En caso de non exercer o seu dereito a interponer recurso de reposición poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante el xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que se produciron os feitos que se sancionaron, conforme o disposto na regra terceira do artigo 14.1.º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 7 de febreiro de 2012.

José M.ª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU- RES 2010/068.

Interesado: Salvador Pérez Fernández.

Acto notificado: 1.ª multa coercitiva.