Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 21/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento de L.M.T.S. afectadas en nova rotonda na avenida do Camiño Francés.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas: variantes de 5 liñas de media tensión subterráneas San Caetano-San Lázaro, SCY-807 (liña Cero Ponteseca), SCY-811 (Fontiñas 5-Ponteseca), SCY-832 (Lavacolla-Monte do Gozo), SCY-803 (San Lázaro-Multiusos) e SCY-825 (Muíña-Lavacolla), a 20 kV, cunha lonxitude de 5×0,026 km, con orixe na L.M.T.S. San Caetano-San Lázaro (expediente 3/1995), na marxe dereita de avenida do Camiño Francés, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×240Al), e final nas mesmas liñas, unha vez realizada a variante prevista na nova rotonda (concello de Santiago de Compostela).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 17 de febreiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial