Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica a resolución do expediente mon-po-0042/2011-ona.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a interesada que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución do procedemento mon-po-0042/2011-ona.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes-Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1.º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que non finaliza a vía administrativa, poderá a interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido este prazo sen terse presentado o devandito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2012.

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: mon-po-0042/2011-ona.

Interesada: Construcciones y Excavaciones Galinort, S.L.

Acto de notificación: resolución de expediente sancionador.

Último enderezo coñecido: Chan de Gándara, s/n, Padróns, Ponteareas, Pontevedra.