Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7707

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1150/2009).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Isabel Varela Vázquez contra Patri Íntima Moda, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1150/2009, ditouse a seguinte resolución:

«Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Isabel Varela Vázquez, que comparece asistida polo letrado Antonio Pousa Merens, e doutra como demandada Patri Íntima Moda, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma.

Decido que, estimando a demanda formulada por Isabel Varela Vázquez contra a empresa Patri Íntima Moda, S.L., condeno esta a aboarlle a cantidade de 18.309,81 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes-causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.65.1150.09, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.1150.09, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación a Patri Íntima Moda, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial