Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7774

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trazo

ANUNCIO de información pública relativo a unha explotación leiteira.

Ganadería Casa Buxía, S.C. solicitou á Alcaldía de Trazo licenza municipal para a instalación dunha explotación leiteira no lugar do Breixo-Berreo, predio número 641.

Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública a dita solicitude por un período de vinte días, co fin de que durante este prazo, que comezará a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio, poidan examinar o expediente no Concello de Trazo, casa consistorial, aquelas persoas que dalgún xeito se vexan afectadas pola actividade que se pretende instalar, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Trazo, 9 de febreiro de 2012.

José Dafonte Varela
Alcalde