Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 23 de decembro de 2011, da Zona Sur de Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por M.ª Carmen Rivas Pérez de nova concesión administrativa de ocupación de terreos e instalacións de dominio público portuario do porto de Canido para a explotación como bar (expediente 13-26-11-C1).

M.ª Carmen Rivas Pérez solicita a concesión administrativa de ocupación dunha parcela de terreos e instalacións de dominio público portuario do porto de Canido para explotación como servizo de bar, e realización de obras de rehabilitación e mellora do local existente, segundo o proxecto básico redactado en xuño de 2011 polo arquitecto José A. Martín Curty.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 110 da Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral, (BOE n.º 284, do 27 de novembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Benito Corbal, 37-3.º, 36001 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 23 de decembro de 2011.

Mateo Ruibal Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Sur de Portos de Galicia