Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2012 polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente IN412A-2011-1255 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as interesadas indicados no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director do Instituto Enerxético de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, 5, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2012.

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Expediente: IN412A-2010-1255.

Interesada: Baleira Carpintería Metálica, S.L.

Acto que se notifica: requirimento de emenda.

Expediente: IN412A-2010-1259.

Interesada: Montajes y Aplicaciones del Aluminio, S.L.

Acto que se notifica: requirimento de emenda.

Expediente: IN412A-2010-1276.

Interesada: Sargadelos Ventanas, S.L.

Acto que se notifica: requirimento de emenda.

Expediente: IN412A-2010-1789.

Interesada: Carpintería Toumo, S.L.

Acto que se notifica: requirimento de emenda.