Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8691

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (964/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber, que no procedemento ordinario 964/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Díaz Lagares contra a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Manuel Díaz Lagares, contra a entidade Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a Vázquez y Vidal Construcciones, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 871,67 euros brutos polos salarios percibidos, paga extraordinaria de xullo de 2011, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais, así como a cantidade de 4.032,78 euros de indemnización por despedimento obxectivo.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, número 47570000 código 36 e número de expediente, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza o pronuncio, mando e asino».

Advírtesellle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial