Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2012 Páx. 8782

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 16 de decembro do 2011 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de decembro do 2011, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Consumo.

Advertido erro na Resolución do 16 de decembro de 2011, publicada no DOG n.º 247, do mércores, 28 de decembro, é necesario facer a oportuna corrección:

Na páxina 38425:

No centro de destino Unidade de Consumo (Ferrol), no posto «IN.O19.20.000.15350.008.- INSPECTOR/A DE CONSUMO», na súa columna complem. específico, onde di: «7.393,12», debe dicir: «7.097,44».