Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2012 Páx. 8914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, pola que se fai público o depósito dos estatutos da Asociación de empresarios y profesionales autónomos tengan o no trabajadores a su cargo y de trabajadores autónomos económicamente dependientes de Galicia (Asnepa Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo dos Autónomos e Inserción Laboral da Dirección Xeral de Promoción do Emprego están depositados os estatutos da Asociación de empresarios y profesionales autónomos tengan o no trabajadores a su cargo y de trabajadores autónomos económicamente dependientes de Galicia (Asnepa Galicia), do cal se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: a defensa dos intereses xerais das persoas empresarias e profesionais afiliadas.

Ámbito funcional: poderán afiliarse á asociación todas aquelas persoas empresarias ou profesionais que estean afiliadas ao réxime especial de traballadores autónomos, teñan ou non traballadores ao seu cargo ou que conten con mutualidades alternativas a este réxime.

Asinantes da acta de constitución: Ramón Diéguez Rodríguez, Vidal Díaz Cotón, Manuel Fernández Fernández, Álvaro Antonio López Figueiras e M.ª José Fernández Fiuza.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2012.

M.ª Amparo González Méndez
Directora xeral de Promoción do Emprego