Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, á quen non se lles puido notificar por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos. O seu número cítase no anexo.

Contra estas resolucións poderá interpoñer o interesado recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto este en tempo e forma, deberá de aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería, a favor do Tesouro da Facenda Galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo constar o número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 5 de marzo de 2012.

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

N.º expediente

Precepto infrinxido

Último domicilio

Resolución

Ribalider, S.L.

B-27289644

LU-E 324/11

26.e) LO 1/1992

Avda. Galicia, n.º 8, baixo, Ribadeo

Multa de 150 €

Ribalider, S.L.

B-27289644

LU-E 325/11

26.e) LO 1/1992

Avda. Galicia, n.º 8 baixo, Ribadeo

Multa de 300 €

Café-Bar A Coba Meiga (Jesús Alberto Gómez Tenrreiro)

76410222-J

LU-E 329/11

26.e) LO 1/1992

r/ Almirante Chicarro, Viveiro

Multa de 300 €

Lorena González Blanco

34267666-N

LU-E 345/11

23.o) en relación co 26.e) LO 1/1992

Rúa Duquesa de Alba, n.º 57-59, Monforte de Lemos

Multa de 3.900 €

Ramón Oriente Costa Vázquez

76621940

LU-E 366/11

26.e) LO 1/1992

Pz. García Árias, n.º 15-1.º A, Chantada

Multa de 90 €

María Victoria Lorenzo Jimenez

23321317-F

LU-E 373/11

23.o) en relación co 26.e) LO 1/1992

r/ Pérez das Mariñas, n.º 16 baixo, Viveiro

Multa de 310 €