Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2012/0001-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2012/0001-4.

Acta: I362011000103083.

Empresa: Exploibérica-Perforación y Desmonte de Roca, S.L.

NIF: B36981512.

Enderezo: rúa Lepanto, 11, 4.º A.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.a) e 4.2.f) do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 5.1, 7.10, 8.1, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 20.2.2012.

Resolución: multa de 8.800 euros.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada ante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinalan, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 27 de febreiro de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo