Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10259

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO polo que se fai pública a resolución da sentenza relativa ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Carballo.

Resolución da Alcaldía do 9 de febreiro de 2012 pola que se ordena a publicación da resolución da sentenza número 128/2007, do 1 de marzo, ditada no recurso 5039/2003 pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A Sala Terceira (Sección Quinta) do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, con data do 2 de novembro de 2011, ditou sentenza no recurso de casación número 5084/2007, en que desestima os motivos de casación invocados e declara que non procede o recurso de casación interposto polo Concello de Carballo contra a sentenza pronunciada con data do 1 de marzo de 2007, pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta sentenza do TSXG, que é firme, foi ditada co número 128/2007 no recurso 5039/2003 e dí na súa parte dispositiva:

«Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto por José Jesús Pacoret Regueira contra o acordo do Concello de Carballo, do 20.5.2003, polo que se aproba definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal e, en consecuencia, anulamos o mencionado acordo impugnado 20.5.2003, o cal é contrario a dereito, sen facer especial condena en custas».

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos, conforme o previsto no artigo 72 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Carballo, 17 de febreiro de 2012.

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde