Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10780

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Muras (expediente IN407A 2012/24-2, 7993 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1.º, 27002 Lugo.

Denominación: reforma C.T. 00683 A Xestosa.

Situación: concello de Muras.

Características técnicas:

– L.M.T.A. a 20 kV, con orixe nun apoio metálico existente na L.M.T. Muras II da S.T. Setepontes e final no C.T.I. proxectado A Xestosa, cunha lonxitude de 26 metros de condutor proxectado tipo LA-56.

– C.T.I. A Xestosa, sobre apoio metálico, cunha potencia proxectada de 160 kVA, unha potencia inicial de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– R.B.T.A. do C.T.I. A Xestosa, formada por dous circuítos, tensada sobre apoios de formigón e pousada sobre fachada a unha tensión de 400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 6 de marzo de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo