Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se fai pública a formalización do contrato de explotación da cafetaría-comedor de persoal e público, así como a instalación e explotación de máquinas expendedoras do Hospital Naval de Ferrol (AB-ASF1-11-022).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións.

c) Número de expediente: AB-ASF1-11-022.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: contratación da explotación da cafetaría-comedor de persoal e público, así como a instalación e explotación de máquinas expendedoras do Hospital Naval de Ferrol.

c) Lotes (se é o caso): lote único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 55330000-2.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisición (se procede): non.

g) Boletíns ou diarios oficiais e datas de publicación dos anuncios de licitación: DOG número 203, do 24 de outubro de 2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe canon mínimo explotación: 4.000,00 €/ano.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 15 de febreiro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 1 de marzo de 2012.

c) Contratista: Jorge y Roberto Pousa Yáñez, S.C.

d) Importe de adxudicación:

- Importe canon explotación adxudicado: 6.000,00 €/ano.

Ferrol, 5 de marzo de 2012.

P.D. (Orde 28.9.2011; DOG número 188, do 30 de setembro)
Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol