Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no procedemento de reintegro polo concepto de axuda para plans de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia, relativa ao expediente de subvención número 27/00/119 (Orde do 5 de setembro de 2000 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia e se convocan para o ano 2000).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio do procedemento de reintegro polo concepto de axuda para plans de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia, relativa ao expediente de subvención número 27/00/119 (Orde do 5 de setembro de 2000 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia e se convocan para o ano 2000).

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica (Servizo Técnico Xurídico) situado no edificio administrativo de San Caetano s/n, 2.ª planta, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.

Concédeselle aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poidan formular as alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Este anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5.º da Lei 30/1992, co obxecto de que procedan a súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2012.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente n.º: procedemento de reintegro polo concepto de axuda para plans de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia, relativa ao expediente de subvención número 27/00/119.

Interesado: José María Losada Díaz.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: estrada de Ourense, n.º 5, Chantada ( Lugo).