Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10754

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2012 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento Estatística e Investigación Operativa, a Silvia María Lorenzo Freire.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 23 de decembro de 2011 (BOE do 5 de xaneiro de 2012), para a provisión da praza número 11/022 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Estatística e Investigación Operativa, departamento de Matemáticas desta universidade, a favor de Silvia María Lorenzo Freire, con DNI número 32680954-R, e unha vez que o interesado acredite os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Silvia María Lorenzo Freire profesora titular de universidade da área de coñecemento de Estatística e Investigación Operativa, departamento de Matemáticas desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguiente á publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o candidato deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición perante o reitor da Universidade da Coruña, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 9 de marzo de 2012.

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña