1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Infraestruturas.
c) Obtención da documentación e información:
1) Dependencia: Servizo de Infraestruturas.
2) Domicilio: praza do Trigo, n.º 2-3.º.
3) Localidade e código postal: Ourense, 32005.
4) Teléfono: 988 26 93 33.
5) Fax: 988 22 14 94.
6) Correo electrónico: infraestructuras@ourense.es
7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es
d) Número de expediente: ref. 2196.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de servidores e pizarras interactivas para o centro de coñecemento Vinte Doce.
c) División por lotes e número de lotes: 2 lotes.
d) Lugar de execución/entrega: concello de Ourense.
e) Prazo de entrega: un mes.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 30236000-2.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:
Lote 1:
– Oferta económica: 20 puntos.
– Incremento no número de servidores: 40 puntos.
– Incremento no número de anos de garantía do equipamento ofertado: 20 puntos.
– Mellora na memoria dos servidores: 10 puntos.
– Mellora na capacidade de almacenamento centralizado: 10 puntos.
Lote 2: o único criterio de adxudicación é o prezo.
4. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 95.590,00 euros. IVE: 17.206,20 euros. Importe total: 112.796,20 euros. Desagregado do seguinte modo:
– Lote 1: servidores: 83.200,00 euros máis 14.976,00 euros de IVE.
– Lote 2: pizarras interactivas: 12.390,00 euros máis 2.230,20 euros de IVE.
5. Garantías exixidas.
a) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica-financeira: a que se sinala no artigo 7 do prego de condicións económico-administrativas.
b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 7 do prego de condicións económico-administrativas.
7. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.
b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 7 do prego de condicións económico-administrativas.
c) Lugar de presentación:
1) Dependencia: rexistro xeral.
2) Domicilio: praza Maior núm. 1.
3) Localidade e código postal: Ourense, 32005.
4) Correo electrónico: rexistroxeral@ourense.es
d) Prazo de vinculación da oferta: 2 meses contados desde a apertura de proposicións.
8. Apertura das ofertas.
a) Domicilio: concello de Ourense, praza Maior núm. 1.
b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.
c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.
9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.
Ourense, 16 de marzo de 2012.
Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde