Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10855

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Triacastela

ANUNCIO de información pública de actividade suxeita a valoración de incidencia ambiental.

Luis Miguel Fernández López, solicitou licenza municipal para a modificación do proxecto de legalización de actividade e ampliación de construcións agrarias, en Meizarán. Cumprindo co disposto polo número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría do Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Triacastela, 14 de febreiro de 2012.

M. Olga Iglesias Fontal
Alcaldesa