Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10828

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 5 de marzo de 2012 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 22 de decembro de 2011 que fixa o prezo xusto do predio número 30-0201 sito en Nigrán relativo ao proxecto 00211, expediente 2010/000024.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Fernández Tourón, Amadeo o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 22 de decembro de 2011 que fixa o prezo xusto do predio n.º 30-0201 sito en Nigrán relativo ao proxecto 00211, expediente 2010/000024, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2012.

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00211-Parque Empresarial Porto do Molle (SAU n.º 9) TM Nigrán.

Nº. expediente: 2010/000024.

Persoa que se notifica: Fernández Tourón, Amadeo.

Expropiante: Concello de Nigrán.

Expropiado: Fernández Tourón, Amadeo.

Beneficiario: Consorcio Zona Franca de Vigo.

Predio n.º: 30-0201.

Concello: Nigrán.

Provincia: Pontevedra.

Valoración resolución do xurado: 7.590,79 €.