Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10988

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2012/22-2, 7989 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1.º, 27002 Lugo.

Denominación: reforma en saídas da subestación Magazos, L.M.T. Covas e L.M.T. centrais.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

• L.M.T.S. a 20 kV, con orixe nunha cela de liña da subestación de Magazos e final nunha conversión aéreo a subterránea que se vai instalar nun apoio de celosía existente na L.M.T. centrais, cunha lonxitude de 1.135 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 5 de marzo de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo