Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 11041

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública de licenzas de obras e licenzas de actividades (expedientes 75032/421, 38606/422, 74479/421, 38398/422, 75371/421, 38712/422, 75266/421 e 38775/422).

As entidades que se citan solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas de obra e licenzas de actividade para as actividades e nos lugares que de seguido se indican:

1. Solicitante: Taller Mecánico D`Pillo, S.L.; actividade: taller de reparación do automóbil ramas mecánica e eléctrica; situación: Camiño Lascas, 5, Polígono Industrial de Seixiños, bloque 2, nave 3, Beade; expedientes: 75032/421 e 38606/422.

2. Solicitante: Oscarube, S.L.U.; actividade: autoservizo de lavandaría; situación: Travesía de Vigo, 132; expedientes: 74479/421 e 38398/422.

3. Solicitante: Neumáticos Servicar 2011, S.L.; actividade: taller mecánico do automóbil; situación: rúa Severo Ochoa, 3; expedientes: 75371/421 e 38712/422.

4. Solicitante: Bricoking, S.A; actividade: venda polo miúdo de produtos de ferretaría e bricolaxe; situación: avenida Portanet, 30; expedientes: 75266/421 e 38775/422.

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio. Os expedientes atópanse á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 6 de febreiro de 2012.

M.ª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos