Con data do 18 de xaneiro de 2012, o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador n.º 36/58/11-ST incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Titanius S.L., propietario do establecemento Pub Moravia.
Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Titanius Copas S.L., propietario do establecemento Pub Moravia, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento desta.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia Cta. Contable 840, Código 001 ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2012.
Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
N.º expediente: 36/58/11-ST.
Denunciado: Titanius Copas, S.L., propietario do establecemento Pub Moravia.
DNI/CIF: B-36446706.
Último enderezo coñecido: Seara n.º 6, Poio.
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Precepto/s infrinxido/s: artigo 42 da Lei 8/2008; artigo 3.3, 4.d) e disposición adicional tercera da Lei 28/2005.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 661 €.