Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.
Denominación: modificado n.º 1 a proxecto de recuamento liña M.T. por execución autovía A-54, Lugo-Santiago (tramo San Cibrao).
Situación: concello de Lugo.
Características técnicas:
Modificación no p.q. 10+550 da traza da autovía A-54.
– L.M.T.A. a 20 kV LUG 802 Guntín 2 con orixe no apoio existente n.º 61 e final no apoio de formigón proxectado n.º 62 da mencionada liña, cunha lonxitude de 111,88 metros de condutor para retensar tipo LA-110.
Modificación no p.q. 10+550 da traza da autovía A-54.
– L.M.T.A. a 20 kV LUG 802 Guntín 2 con orixe no apoio existente n.º 64 e final no apoio de formigón proxectado n.º 63 da mencionada liña, cunha lonxitude de 100,71 metros de condutor a retensar tipo LA-110.
Modificación no p.q. 10+600 da traza da autovía A-54.
– L.M.T.S. a 20 kV LUG 802 Guntín 2, con orixe no paso aéreo a soterrado situado no apoio de formigón proxectado n.º 62 e final no paso aéreo a soterrado situado no apoio de formigón proxectado n.º 63, cunha lonxitude de 500 metros en condutor R.H.Z.1-240.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.
Lugo, 7 de marzo de 2012.
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo