Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 12992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación pola Consellería de Sanidade do servizo de elaboración subministración e montaxe de materiais da carpeta de saúde infantil (AB-CON1-12-001).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n, 2.ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703-Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-CON1-12-001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de elaboración, subministración e montaxe de materiais da carpeta de saúde infantil.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/6.

d) Prazo de execución/entrega: 30 días naturais.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 22100000-1.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Lotes 1 e 2:

Concepto

Puntuación máxima

Criterios valorables automaticamente (sobre B)

Prezo

60

Prazo de entrega

20

Exemplares de reposición (lote 1.8, lote 2.3)

20

Lote 3:

Concepto

Puntuación máxima

Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

Adherencia, material, grosor, estética, outros aspectos estéticos.

– Adherencia da parte inferior………………………..….… ata 6 puntos

– Material antiesvarante na parte superior………..….......ata 2 puntos

– Grosor do material (valorando máis o menor grosor)…..ata 2 puntos

– Calidade estética do material……………………………..ata 6 puntos

– Outros aspectos estéticos……………………………..….ata 4 puntos

20

Criterios valorables automaticamente (sobre C)

Prezo

50

Prazo de entrega

15

Exemplares de reposición

15

Lotes 4, 5 e 6:

Concepto

Puntuación máxima

Criterios valorables automaticamente (sobre B)

Prezo

100

4. Valor estimado del contrato: 125.536,90 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 125.536,90 euros. Importe total: 147.547,65 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 6.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n.

3) Localidade e código postal: 15703-Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C (para o lote 3), publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.

11. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2012.

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos