Advertido erro no decreto anteriormente citado, publicado no Diario Oficial de Galicia número 234, do 9 de decembro de 2011, é necesario facer a seguinte corrección:
Na páxina 36009, na disposición derrogatoria única, onde di:
«Quedan derrogados o Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia e o Decreto 66/2007, do 29 de marzo, polo que se establece o procedemento de autorización para a implantación de estudos oficiais de posgrao conducentes ao título de máster ou de doutor e en todo o que se opoña ao presente decreto, así como cantas outras disposicións de igual ou inferior rango se opoñan a el».
Debe dicir:
«Quedan derrogados o Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 66/2007, do 29 de marzo, polo que se establece o procedemento de autorización para a implantación de estudos oficiais de posgrao conducentes ao título de máster ou de doutor, en todo o que se opoña ao presente decreto, así como cantas outras disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan a el».