Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Pobra de Trives (expediente IN407A 2011/58-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Electro Manzaneda, S.L.

Domicilio social: Dr. Marañón 4, entresollado A, 32005 Ourense.

Denominación: cambio a subterráneo L.M.T. aérea existente ao C.T. Fontefría.

Situación: A Pobra de Trives.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 1.400 m, con condutor tipo R.Z.H. 12/20 kV 1×95 mm2 e orixe na caseta de M.T. Queixa na Estación de Montaña Manzaneda e remate no tramo subterráneo existente da L.M.T. n.º 3, expediente 1043, ao C.T. Fontefría.

Orzamento: 125.353,76 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente.

Ourense, 8 de febreiro de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense