Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 15 de marzo de 2012, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expedientes PO-01231-O-2011 e PO-01254-O-2011).

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 15 de marzo de 2012.

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-01231-O-2011

9875-BFJ

Garda civil 3602 I43469X

Excavaciones

Bandeira, S.L.

B94025814

Lg. Louras, 2 (Manduas)

36540 Silleda

(Pontevedra)

A realización de transporte privado en vehículo pesado, carecendo de autorización sempre que esta se solicitase, acreditando o cumplimento de todos os requisitos exixidos para o seu otorgamento, no prazo máximo de 15 días, contados desde a notificación do inicio do expediente sancionador.

6.6.2011, 12.03.00, N-525, 292

Art. 142.8 LOTT, Art. 199.8 ROTT

Art. 143.1.b) LOTT,
Art. 201.1.b) ROTT

201 €

PO-01254-O-2011

C-6715-BC

Garda civil 3601 B29653D

Coo Álvarez Enrique, 000407093e, S.L.N.E.

B15912314

Berdoias, 2

15129 Vimianzo

(A Coruña)

A realización de transporte privado en vehículo lixeiro de máis de 3,5 t de MMA, carecendo de autorización.

17.9.2011, 3.27.00, AP-9, 128

Art. 142.25 LOTT,
Art. 141.13 LOTT,
Art. 199.25 ROTT,
Art. 198.13 ROTT

Art. 143.1.b) LOTT,
Art. 201.1.b) ROTT

400 €