Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ponteareas (expediente IN407A 2011/314-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo & Cía, S.A.

Domicilio social: Doutor Fernández Vega 14, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. A Ermida Engasa.

Situación: Ponteareas.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor Hersatene D.H.Z.1 de 725 metros de lonxitude, desde o apoio n.º 6 da L.M.T.A. subderivación Engasa/A Ermida-Pías ata o C.T. existente na Ermida, Pías. instalación dun transformador de 100 kVA, R.T. 20 kV/230-400 V, na caseta existente do C.M. A Ermida Engasa. 264 metros de rede de baixa tensión aérea con condutor R.Z. A instalación está situada na Ermida, Pías, Ponteareas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 13 de marzo de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra