Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13851

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 8 de marzo de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a de unidade de Cirurxía xeral e do A.D. do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Convocada a provisión dun posto de traballo vacante no Complexo Hospitalario de Pontevedra, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario, e na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, a Xerencia de Xestión Integrada, en virtude do establecido na Orde do 28 de setembro de 2011, pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos, resolve adxudicar o posto convocado á persoa que se indica no anexo desta resolución.

Pontevedra, 8 de marzo de 2012.

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Posto de traballo: supervisor/a unidade de Cirurxía xeral.

Nome e apelidos: Ana Isabel Corbal Obelleiro.

DNI: 35294718-E.