Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13918

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial do Plan Especial de Dotacións para a implantación de equipamento educativo no Milladoiro.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 19 de xaneiro de 2012, acordou aprobar inicialmente o Plan Especial de Dotacións para a implantación no Milladoiro dun equipamento educativo.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 86.1.º a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para que durante o prazo dun mes se poida examinar o expediente e presentar as alegacións que consideren oportunas.

Ames, 9 de abril de 2012.

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde