Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13932

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de información pública relativo a un punto limpo.

Neste concello tramítase o seguinte expediente sobre concesión de licenza municipal:

Solicitante: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.

Actividade: punto limpo.

Localización: polígono industrial, parcela B-14-1 (Pazos).

Para cumprir co disposto no artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de 20 días hábiles, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no DOG, a fin de que as persoas que se consideren afectadas poidan examinar o expediente no servizo de urbanismo do concello e formular por escrito as reclamacións ou as observacións que coiden oportunas.

Verín, 23 de marzo de 2011.

Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde