Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13924

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Monforte de Lemos aprobou, o 26 de decembro de 2011, o expediente de información pública e o proxecto de construción das obras de ampliación e mellora do sistema de tratamento de auga potable de Monforte de Lemos, cuxas obras se declararon de urxencia polo Decreto 92/2012, do 8 de marzo, sendo por tanto de aplicación a normativa que establece o artigo 52 da vixente Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa e concordantes do seu regulamento do 26 de abril de 1957.

En consecuencia, este Concello, en virtude das atribucións que ten conferidas, facendo uso das facultades que lle outorga o artigo 98 da Lei de expropiación forzosa e atendendo ao sinalado nas regras 2.ª e 3.ª do seu artigo 52, resolveu convocar os titulares afectados, conforme se lles notifica nas correspondentes cédulas individuais e nos anuncios publicados nos diarios La Voz de Galicia e El Progreso, no Diario Oficial de Galicia y no Boletín Oficial da provincia de Lugo, para que, logo do traslado aos predios, de ser iso necesario, se proceda ao levantamento das actas previas á ocupación.

O levantamento, unha vez cumpridas as formalidades previstas no artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa, terá lugar nas dependencias do Concello de Monforte de Lemos (salón de plenos da Casa do Concello, no Campo de Santo Antonio, s/n) nos días e horas que se indican na seguinte táboa:

Termo municipal

Día

Hora

Monforte de Lemos

2 de maio de 2012

11.30 a 14.00 h

16.00 a 18.00 h

A relación de bens e dereitos afectados publicouse no Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro de 2011, no Boletín Oficial da provincia de Lugo o 5 de novembro de 2011, e nos diarios La Voz de Galicia e El Progreso o día 7 de novembro de 2011, e poden ser examinados xunto cos planos parcelarios no Concello de Monforte de Lemos e nas oficinas de Aguas de las Cuencas del Norte, S.A. (r/ La Regenta 23, 33006 Oviedo).

Esta publicación, segundo o disposto no artigo 59.5 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, servirá como notificación aos posibles interesados que non poidan ser identificados, aos titulares de bens e dereitos afectados que sexan descoñecidos, e aqueles dos que se ignore o seu paradeiro.

Ao acto concorrerán os afectados persoalmente ou ben os seus apoderados, provistos do seu documento nacional de identidade e achegando a documentación acreditativa da súa titularidade, e poderán ir acompañados dos seus peritos e un notario ao seu cargo.

Conforme establece o artigo 56.2 do Regulamento de expropiación forzosa, ata o momento en que se proceda ao levantamento das citadas actas previas á ocupación, os interesados poderán formular, por escrito, ante o Concello de Monforte de Lemos e Aguas de las Cuencas del Norte, S.A. (r/ La Regenta 23, 33006 Oviedo) alegacións para os únicos efectos de emendar posibles erros que se produzan ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación e a súa titularidade.

Monforte de Lemos, 21 de marzo de 2012.

Severino Rodríguez Díaz
Alcalde