Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13839

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2012 pola que se ordena a publicación do acordo do Pleno do Consello de Contas de Galicia do 28 de marzo de 2012 polo que se crea o ficheiro de datos de carácter persoal denominado Control horario.

En virtude das competencias que me corresponden conforme o artigo 9 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas,

RESOLVO:

Facer público o acordo do Pleno do Consello de Contas de Galicia do 28 de marzo de 2012 polo que se aproba a creación do ficheiro de datos de carácter persoal que se relaciona no anexo, así como a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para a súa posterior inscrición no Rexistro da Axencia Española de Protección de Datos.

Acordo:

1. Obxecto.

Créase o ficheiro de datos de carácter persoal xestionado polo Consello de Contas de Galicia, no ámbito de aplicación da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, que se relaciona no anexo desta resolución.

2. Contido.

A información exixida no artigo 20.2.º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, para as disposicións de creación do ficheiro, está contida no anexo deste acordo.

3. Finalidade e uso do ficheiro.

Os datos de carácter persoal rexistrados no ficheiro creado polo presente acordo só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e polo persoal debidamente autorizado.

4. Cesión de datos.

Os datos deste ficheiro só poderán ser cedidos aos órganos xudiciais e a outras autoridades públicas nos supostos e nos termos previstos no ordenamento xurídico, así como aos destinatarios indicados no anexo.

5. Órgano responsable da seguranza do ficheiro.

Será responsable da seguranza do ficheiro a Secretaría Xeral do Consello de Contas de Galicia, sen prexuízo da responsabilidade directa que na xestión e custodia daquel teña o persoal dos correspondentes servizos e unidades do Consello de Contas.

6. Medidas de seguranza.

As medidas de seguranza do ficheiro serán as de nivel básico, salvo que expresamente se dispoña o contrario no anexo.

7. Dereito de oposición, acceso, rectificación e cancelación de datos.

As persoas poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación de datos, cando proceda, mediante escrito dirixido á Secretaría Xeral do Consello de Contas, no enderezo Domingo Fontán n.º 7, 15771 Santiago de Compostela.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor.

Este acordo entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2012.

Luciano Fariña Busto
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

Ficheiro de nova creación.

Nome do ficheiro: Control horario.

Descrición da finalidade: xestión e arquivo do cumprimento do horario por parte do persoal do Consello de Contas.

Responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

Colectivo afectado: persoal que forma ou formou parte do Consello de Contas de Galicia.

Estrutura básica do ficheiro: DNI; nome e apelidos; datos relativos ao posto de traballo; horas de fichaxe de entrada/saída e causas de exención de fichaxe.

Procedemento de recolla de datos: o propio interesado mediante carga de datos procedentes de dispositivos fixos de captura.

Cesión abranguida:

Nivel de seguranza: básico.

Lugar de exercicio de dereitos: Domingo Fontán n.º 7, 15771 Santiago de Compostela.

Sistema de tratamento: automatizado.