Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14862

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente de animais potencialmente perigosos ANP-CO-0002/2012-V.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo instrutor.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sita na rúa Vicente Ferrer, 2, edificio administrativo de Monelos, 5.º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 27 de marzo de 2012.

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: ANP-CO-0002/2012-V.

Denunciado: Alfonso Rivas Vázquez.

Acto de notificación: proposta de resolución.