Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, pola que se fai público o depósito dos estatutos da Asociación de Comerciantes e Autónomos de Ferrol e Comarca-Aceafec.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo dos Autónomos e Inserción Laboral da Dirección Xeral de Promoción do Emprego están depositados os estatutos da Asociación de Comerciantes e Autónomos de Ferrol e Comarca-Aceafec, da que se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: Concello de Ferrol e as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: a defensa, promoción e dignificación do comerciante e traballador autónomo.

Ámbito funcional: poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas que estean incluídas no ámbito de aplicación do artigo 1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo e domiciliadas no ámbito territorial do concello de Ferrol e as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Titulares dos órganos de goberno e representación: Juan José Caínzos Sanmartín, Paulino Franco Cantón, Francisco Javier Pérez Bello, José Manuel Martínez Rodríguez, M.ª Paloma Sobrino Butragueño, Luis José Fraga Ameneiros e José Carlos Castro Rivas.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2012.

M.ª Amparo González Méndez
Directora xeral de Promoción do Emprego