Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14903

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2012 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo P.A. 689/2011, interposto por Rosa María Lorenzo López e outros.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso número 689/2011 (procedemento abreviado) interposto por Rosa María Lorenzo López, Uxío González Souto, María del Pilar Rodríguez Losada, Julia María Piñeiro Mariño, Rosario Porto Fraga, Nuria Carmen Pardo Ciorraga Barros e María Ángeles Corral Fontán, contra desestimación presunta dos recursos de reposición interpostos o 1 e o 2 de marzo de 2012 contra a Resolución do 25 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, pola que se convoca un proceso extraordinario de consolidación de emprego para a provisión de vacantes por persoal laboral fixo na Compañía de Radio-Televisión de Galicia e nas súas sociedades, en que se solicita que se declare nula.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2012.

Carlos Paz Miño
Director da División de Recursos Humanos da Compañía de Radio-Televisión
de Galicia e as súas sociedades