Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14897

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

ANUNCIO de licitación pública polo que se solicita licenza de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental (expediente 2011/026/000001).

Solicitada neste concello, por Dolores Candales Rodríguez, licenza municipal para a actividade de parque de almacenamento de líquidos petrolíferos, na parcela 7 do Parque Empresarial da Trabe, de Cedeira.

En cumprimento co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir un período de información pública de 20 días desde a publicación do presente anuncio no DOG, no BOP e no taboleiro de anuncios do concello, para que, quen se vexa afectado dalgún xeito pola dita actividade, presente as observacións que considere oportunas.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio comunícaselle aos interesados aos que non sexa posible notificar persoalmente ou cando se ignore o lugar de notificación, que están notificados a todos os efectos, informándoos do prazo de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio para alegar o que consideren oportuno.

O expediente obxecto desta información poderase examinar no Servizo de Urbanismo e Arquitectura deste concello durante o horario de atención ao público.

Cedeira, 13 de abril de 2012.

Leopoldo Rubido Ramonde
Alcalde