Solicitada licenza por Sevimo, S.L. (Señalización, Viales y Mobiliario, S.L.) para a apertura e construción dunha nave para a realización de sinalización, vías e mobiliario na parcela E.3-A Polígono Industrial Vilar do Colo, Fene, en cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, que comezará a contar desde a última das publicacións deste anuncio no BOP e no DOG, para que quen se vexa afectado dalgún modo pola actividade presente as alegacións que considere pertinentes. Poderase examinar o expediente no Departamento Municipal de Urbanismo.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Fene, 6 de marzo de 2012.
Gumersindo P. Galego Feal
Alcalde