A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.
En consecuencia, por proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 12 de abril de 2012, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.
Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 12 de abril de 2012, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2012.
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda