Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15150

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 30 de marzo de 2012 pola que se autoriza a inclusión da Escola de Música Municipal de Rábade no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Concello de Rábade (Lugo) solicita a inscrición da Escola de Música Municipal no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia de conformidade coa Orde do 11 de marzo de 1993, que regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Logo de realizar os trámites que establece a normativa vixente, a Xefatura Territorial de Lugo achega o expediente cos correspondentes informes.

Cumpridos todos os trámites regulamentarios e tendo en conta o anteriormente exposto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da Escola de Música Municipal que se sinala:

Provincia: Lugo.

Concello: Rábade.

Localidade: Rábade.

Domicilio: rúa Alcalde José Penas, s/n.

Código do centro: 27020896.

Titular: Concello de Rábade.

Denominación: Escola de Música Municipal de Rábade.

Segundo. Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 e aos servizos de inspección correspondentes.

Terceiro. O centro deberá solicitar a oportuna revisión da inscrición cando teñan que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria