Estase a tramitar unha revisión da concesión por cambio de localización da concesión administrativa para a instalación de surtidores de combustible, outorgada a Repsol Combustible Petrolíferos, S.A., no porto de Muros, segundo o proxecto de construción de título «Instalacións de almacenamento e subministración de carburantes a todo tipo de embarcacións no porto de Muros», asinado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Rafael Suárez Rey.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE n.º 253, do xoves 20.10.2011), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5, 1.º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.
A Coruña, 27 de febreiro de 2012.
Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da Zona Centro de Portos de Galicia