Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e o reinicio da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a comunicación da firmeza da sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, recaída no procedemento número 762/2011.
Expediente: RL 2011/0130-4.
Acta: I362011000030537.
Empresa: Talleres Navales Vinacal, S.A.
NIF: A-36875607.
Enderezo: peirao de reparacións Bouzas, nave 8, Vigo.
Vigo, 2 de abril de 2012.
Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo