Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15839

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal dos Deportes de Vigo

ANUNCIO de procedemento aberto para a contratación de servizos técnicos e docentes para as piscinas cubertas das Travesas, Lavadores, Teis e Valadares, e actividades deportivas nos ximnasios e instalacións dependentes do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

1. Entidade que adxudica: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: a prestación dos servizos técnicos e docentes de monitores e profesores para impartir as ensinanzas deportivas, o servizo de socorrismo, atención e control dos usuarios, así como os de limpeza, conservación, mantemento e vixiancia, nas piscinas cubertas das Travesas, Lavadores, Teis e Valadares e prestación dos servizos de profesionais técnico-docentes, monitores e profesores para impartir ensinanzas e actividades deportivas nos ximnasios das instalacións municipais do Berbés e das Travesas, así como o mantemento das máquinas de actividade físico-deportiva dos ximnasios.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: un ano e un ano de prórroga.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento: prezo total anual do contrato 3.169.000,00 euros, con IVE (IVE 411.294,41 euros). Este importe desagrégase nunha parte fixa de 2.250.000,00 euros con IVE (IVE 343.220,34 euros) e nunha parte variable que, como máximo, será por hora/monitor-profesor para todas as actividades descritas nos pregos de prescricións 17,53 euros sen IVE e de 18,93 euros con IVE. Son 919,000,00 euros con IVE (IVE 68.074,07 euros).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Rexistro Xeral do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo, avda. Castrelos, 1. 36210 Vigo. Teléfono 986 23 74 58, fax: 986 23 64 88. Páxina web Concello de Vigo: www.vigo.org

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: non.

8. Presentación de ofertas:

Prazo: ata 8 (oito) días naturais desde o día da súa última publicación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra ou Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

9. Apertura ofertas:

Entidade: a mesa de contratación do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo. Cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas.

10. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario ata un importe máximo de 1.000,00 euros, punto 5.A da FEC.

Vigo, 9 de abril de 2012.

José Manuel Fernández Pérez
Presidente do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo