Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15837

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

EDICTO de información pública sobre solicitude de licenza municipal para instalación de estación base para equipamentos de telecomunicacións.

France Telecom España, S.A., entidade representada por Francisco Martín Moreno, solicitou licenza municipal de actividade para instalación de estación base para equipamentos de telecomunicacións, que se situará na avda. Rosalía de Castro, 121. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente no departamento de actividades clasificadas do concello e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

Vilagarcía de Arousa, 26 de marzo de 2012.

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde-presidente