Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, no curso do procedemento de cambio de titularidade dunha vivenda de protección oficial de promoción pública no concello de Vigo, por medio do que se sinala a comparecencia da persoa que se relaciona no anexo (expediente PO 83/400, cta. 39).

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a dobre notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia, na cal se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto que se lle notifica.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia n.º 7, 4.ª planta, Pontevedra) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen que a interesada compareza na oficina indicada, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao desta publicación.

Pontevedra, 18 de abril de 2012.

P.D. (Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO.83/400, cta. 39.

Nome: Beatriz González Barreiro.

Último domicilio coñecido: rúa Alexandre Bóveda n.º 8, 2.º A, concello de Vigo.

Indicación do contido do acto: resolución de denegación do cambio de titularidade solicitado.