Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17325

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre

CONVOCATORIA da LIV edición do Premio Fernández Latorre.

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre convoca o LIV Premio Fernández Latorre e invita a particulares e institucións a participar nel.

Este premio réxese polas seguintes bases:

1. Premio.

Concederase o Premio Fernández Latorre, dotado nesta edición con 10.000 euros, a unha traxectoria, persoal ou profesional, ou a un traballo xornalístico publicado en calquera medio de comunicación entre o 7 de maio de 2011 e o 6 de maio de 2012.

2. Ditame e entrega.

O ditame farase público no diario La Voz de Galicia o vindeiro 25 de xullo, festividade do Apóstolo Santiago e Día de Galicia.

O premio entregarase no transcurso dun acto que terá lugar no último trimestre de 2012.

3. Xurado.

O xurado, formado polos patróns e patróns de honra da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e o director de La Voz de Galicia, terá, ademais das facultades normais para elixir a traxectoria ou traballo premiados, a de interpretar as presentes bases.

4. Presentación de traballos.

Os expedientes ou traballos deberanse enviar por correo electrónico:

(fundacionsantiagoreyfernandez-latorre@lavoz.es) ou ordinario á Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, avda. da Prensa, 84-85, polígono industrial de Sabón, 15142 Arteixo (A Coruña), ata o 31 de maio, coa indicación «Premio Fernández Latorre».

Os expedientes ou traballos poderán ser presentados polos interesados, polos membros do xurado ou por calquera persoa ou entidade. Neste último caso, debe acreditarse o consentimento do candidato.

5. Condicións.

A presentación a este premio supón a conformidade dos participantes coas bases e implica, se é o caso, a autorización para a difusión pública, sen finalidade lucrativa, do traballo premiado.

A decisión do xurado é inapelable.

A Coruña, 16 de abril de 2012.

Santiago Rey Fernández-Latorre
Presidente da Fundación

P.O. José Francisco Sánchez Sánchez
(Director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, 32 436 350 W)